Logo Small

Somos un colexio privado concertado, aconfesional e respectuoso con todas as crenzas, manifestándose tamén libre de calquera tendencia ideolóxica ou política.

A súa historia remóntase á década dos cincuenta, cando xorde como centro privado da man de D. Robustiano de Castro Carballeira, converténdose nun referente na educación e formación da xuventude da bisbarra e mesmo de Galicia.

No ano 1981 traspásase a titularidade a unha Sociedade Cooperativa que continúa ata o momento actual.

O ensino que impartimos abrangue dende Educación Infantil, Primaria e Secundaria, en réxime de concerto educativo coa Xunta de Galicia.

O noso obxectivo é a formación integral da persoa. Educamos para liberdade e responsabilidade dende proximidade e a  esixencia, en   estreita colaboración  coas familias. Así os nosos alumnos poderán enfrontarse a unha sociedade cada vez máis aberta, cambiante e plural, cunha bagaxe académica, uns principios e valores que lles permitirán trazar o seu futuro dende a solidariedade e o respecto ás persoas e ao medio.

Follow us

Lorem ipsum dolor sit amet, consetetur sadipscing elitr, sed diam nonumy eirmod.